Noelia Araújo Vila, José Antonio Fraiz Brea, Diego Rodríguez-Toubes Muñiz
Camiño de Santiago a través das súas diferentes rutas continúa a ser un dos principais reclamos turísticos de Galicia. Xa sexa por motivación relixiosa ou doutro tipo, cada ano seguen chegando a Santiago gran número de peregrinos, converténdose o Camiño nunha grande oportunidade turística para os concellos que están ao seu paso. Este estudo analiza o consumo turístico durante a realización do Camiño e as expectativas antes da súa realización e, de modo secundario, o coñecemento de novas rutas para chegar a Santiago que van máis aló das máis convencionais, en concreto o Camiño Nós, podendo así obter unha maior vertebración do territorio galego como parte da experiencia do Camiño. Óptase por unha investigación cuantitativa vía enquisa, cunha mostra de 198 individuos. Os resultados indican que a principal motivación para facer o Camiño é o lecer, e que en función da variable idade son tres os grupos diferenciados de consumo. Ademais, a pesar da actual situación de pandemia mundial, unha porcentaxe significativa da mostra realizou o Camiño no último ano (o 17,3%).
Thanks to its different routes, the Way of Saint James continues to be one of the main tourist attractions in Galicia. Whether for religious or other reasons, every year a large number of pilgrims continue to arrive in Santiago de Compostela, providing great tourist opportunities for the municipalities that are located along the Way. This study analyses the current motivations that lead tourists to undertake the Saint James Way and the weight of their spending patterns during this experience. The insight of the “Nós” Way is assessed, a different route to Santiago from the traditional ones, as a new reality of the Way that can provide greater knowledge of the Galician territory. Quantitative research was chosen using a survey of 198 participants.
The results show that the main motivation for following the Way is leisure, and that the age variable divides consumers into three distinct groups. Furthermore, despite the current global pandemic situation, a significant percentage of the sample completed the Way in 2020 (17.3%).
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados