Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Estudo lingüístico dos alcumes da parroquia de Darbo (Cangas do Morrazo)

  • Autores: Ángela Otero Fontán
  • Localización: Cumieira: cadernos de investigación da nova Filoloxía Galega, Nº. 6, 2021, págs. 37-73
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • Linguistic study of nicknames from the parish of Darbo (Cangas do Morrazo)
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      A pesar de seren fenómenos moi antigos cunha relación moi próxima ó nome propio, os alcuños forman parte dun rico patrimonio lingüístico en serio perigo de extinción, motivado por novos modos convivenciais fortemente influenciados polos ámbitos urbanos. Por conseguinte, este traballo ten como obxectivo estudar este tipo de apelativos a partir dunha recolleita na parroquia de Darbo, no concello de Cangas do Morrazo. Analizamos o concepto alcume, dando conta da súa orixe, evolución ó longo da historia e características lingüísticas, e mais unha posible clasificación desde o punto de vista semántico. Ademais tentamos contestar a pregunta de se os alcumes constitúen nomes propios ou comúns, cuestión que suscita certa polémica entre diversos autores. A análise práctica realízase a partir dunha base de datos propia constituída por 243 alcumes, examinado as súas características fonéticas, morfolóxicas e léxico-semánticas nunha zona de fala dialectal marcada en varios aspectos.

    • English

      : Despite being very old phenomena with a very close relationship to the proper name, nicknames are part of a rich linguistic heritage in serious danger of extinction, motivated by new ways of living strongly influenced by urban environments. Consequently, this article aims to give an accout of this type of appellation following the fieldwork done in the parish of Darbo, in the municipality of Cangas do Morrazo. We analyze the concept of nickname, explain its origin and evolution throughout history and examine its linguistic characteristics and a possible classification from the semantic point of view. We also try to answer the question of whether nicknames constitute proper or common names, a matter which arises certain controversy among various authors. The practical analysis is performed from a database consisting of 243 nicknames, and their peculiar phonetic, morphological and lexical-semantic features of a dialectal speech area which is marked in several respects.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno