Santiago de Compostela, España
Camuflaxe, publicado e recoñecido en 2017 co Premio da Crítica Española, é un dos últimos libros de poemas escrito pola autora galega Lupe Gómez. Nas súas páxinas, que abordan temas tan íntimos como a infancia, a casa familiar ou os lazos materno-filiais, está latente o compromiso dunha conciencia literaria que busca representar os custos da perda e da destrución tanto da terra como dos modos de vida vencellados ao rural galego. Con este propósito, a autora artella un poemario no que se cruzan os afectos e a memoria, tanto colectiva como privada, no espazo da perifieria galega, elementos que serán analizados a fin de comprender a maneira na que se relacionan e constrúen o ambiente que envolve os poemas. En definitiva, Lupe Gómez sérvese da palabra poética como lugar de memoria para denunciar unha realidade marcada pola inxustiza social dando lugar, deste xeito, a un discurso poético de resistencia.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados