Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Impacto dos Fondos Estruturais para Innovación sobre a innovación empresarial: unha análise a través dos indicadores de empresas participantes no Programa FEDER-Innterconecta de Galicia

Diego Sande Veiga, Xavier Vence Deza

  • galego

    Neste traballo realizamos unha avaliación do impacto do programa FEDER-Innterconecta (desenvolvido no marco do Fondo Tecnolóxico 2007-2013) nos principais indicadores de innovación empresarial en Galicia. De entre as diferentes liñas de actuación deseñadas, centramos a análise nas dúas primeiras convocatorias galegas do programa FEDER-Innterconecta pertencentes a este “Programa Operativo por e para o beneficio do I+D+i empresarial”, cuxo período de implementación abrangue ata o ano 2015. A análise proposta trata de identificar a repercusión da participación no devandito programa a partir dos principais indicadores microeconómicos dispoñibles (proxectos, fondos percibidos, evolución do gasto en investigación e desenvolvemento, innovación, patentes, redes de colaboración, facturación, etc.). Ese impacto desagrégase tomando en consideración o sector produtivo ao que pertencen as empresas. Os resultados mostran un impacto desigual en función das características empresariais e poñen de manifesto a existencia de recursos xestionados por empresas domiciliadas noutros territorios. Estes resultados permitirán tamén formular recomendacións para a execución futura das políticas de investigación, desenvolvemento e innovación.

  • English

    We carried out an evaluation of the impact of the ERDF-Innterconecta programme (developed within the framework of the Technology Fund 2007-2013) on the main indicators of business innovation in Galicia. Among the different lines of action designed, we focused our analysis on the first two rounds of the Galician ERDF-Interconnecta programme belonging to this “Operational Programme for the benefit of business R&D&i”, the implementation period of which covers up to 2015. The proposed analysis tries to identify the repercussion of the participation in this programme based on the main available microeconomic indicators (projects, perceived funds, evolution of Research & Development expenditure, innovation, patents, collaboration networks, invoicing, etc.). This impact is broken down using companies´ productive sectors. The results show an unequal impact depending on the business characteristics and show a significant amount of resources managed by companies located in other territories. These results will also make it possible to formulate recommendations for the future implementation of Research, Development & Innovation policies.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus