No artigo descríbense as catro unidades didácticas do bloque de funcións e gráficas dos tres primeiros cursos da ESO, desenvolvidas durante o curso 2016/17 aproveitando unha licenza de formación. As unidades —dispoñibles en liña no espazo de recursos Abalar— cobren todos os aspectos deste bloque de contidos e permiten complementar —ou incluso substituír— o traballo habitual na aula. Os applets de Geogebra desenvolvidos, que constitúen o núcleo das unidades, non se limitan a visualizar conceptos, senón que obrigan o alumnado a traballar minuciosamente cada un dos conceptos das unidades didácticas e compleméntanse con grupos de actividades creadas aproveitando o emprego da plataforma eXeLearning para integrar os applets.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados