Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Beneficios das actividades acuáticas na idade infantil

  • Autores: Antonio Novo Carballal, Marina Fernández Díaz
  • Localización: Eduga: revista galega do ensino, ISSN-e 2171-6595, Nº. 81, 2021
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Na idade infantil, as actividades acuáticas supoñen numerosos beneficios no desenvolvemento, tanto no ámbito físico como no cognitivo e social. Durante estes primeiros anos de vida, a práctica da actividade acuática debe ser formulada como un medio de diversión e aprendizaxe; en ningún caso encamiñada cara á natación competitiva. Por actividades acuáticas entendemos todas aquelas que se realizan no medio acuático. Neste estudo pódese ver a importancia da súa práctica desde o primeiro contacto coa auga ata a adquisición e perfeccionamento das técnicas e habilidades natatorias. A intervención levada a cabo neste estudo trátase dunha enquisa que se lles realizou aos técnicos responsables do programa Nadar é Vida de todas as escolas e centros deportivos adheridos a el en España. Este é un programa desenvolvido pola Real Federación Española de Natación (en diante, RFEN), apoiada polo Consello Superior de Deportes (en diante, CSD), que ten como obxectivo certificar os estándares no ensino da natación en España e unificar os criterios desde a base. Os resultados obtidos na citada enquisa están encamiñados a optimizar os procesos de ensino-aprendizaxe. Como conclusión desta investigación, pódese afirmar que o programa Nadar é Vida da RFEN está a axudar na tarefa de mellorar a calidade do ensino da natación no noso país. Desta forma optimízanse os beneficios anteriormente citados que proporciona a práctica da actividade acuática desde idades temperás.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno