Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Cryptosporidium, o parasito descoñecido

María Jesús Abeledo Lameiro, Seila Couso Pérez, Hipólito Gómez Couso, María Elvira Ares Mazás

  • Hai máis de 35 anos que o Laboratorio de Parasitoloxía da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) comezou a investigar o protozoo parasito de transmisión hídrica Cryptosporidium. Dende entón, son tantas as súas contribucións ó coñecemento deste patóxeno que hoxe en día é un referente neste eido. Aquí se presenta a Cryptosporidium, ese parasito que ata hai moi pouco pasaba desapercibido, e se expón a súa importancia dende dous puntos de vista diferentes: a auga e os animais salvaxes.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus