A mediados da década de 1960 Ricardo Carballo Calero recolle e organiza os usos máis asentados do galego literario de posguerra para os seus estudantes da Universidade de Santiago de Compostela. Aquela convención, sancionada a principios da década seguinte pola Real Academia Galega, vaise afinando nas sucesivas edicións do manual. Na derradeira entrega (1979), a gramática incorpora a defensa dunha maior aproximación da normativa da Academia á ortografía do portugués (reintegración) que caracterizará a última etapa intelectual do autor.
In the mid-1960s, Ricardo Carballo Calero collated and sorted the most established forms in Galician literary language dating from the post-Spanish Civil War period in a guidebook aimed at his students at the University of Santiago de Compostela. His work was validated by the Royal Galician Academy in the early 1970s. During the following decade, the later editions of this handbook were progressively refined. The last publication of his grammar (1979) includes an apology of the assimilation of Portuguese orthography (reintegración) by the standard promoted by the Academy, an idea that defines this author’s later intellectual period.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados