Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Crise e fraxilidade financeira grega baixo a hipótese de inestabilidade de Minsky

    1. [1] Universidad Autónoma Metropolitana

      Universidad Autónoma Metropolitana

      México

  • Localización: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, ISSN-e 2255-5951, ISSN 1132-2799, Vol. 29, Nº. 1, 2020, págs. 143-160
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • Greek crisis and financial fragility in Minsky’s instability hypothesis
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      Grecia aínda non atopou o camiño cara á súa recuperación desde que a súa economía se contraese ano tras ano desde o 2008.

      Arguméntase neste artigo que o factor central deste resultado foi a dinámica de financiamento dos países máis involucrados no endebedamento grego, que foi considerablemente maior e que influíu máis negativamente sobre a economía grega que o deficiente e dispendioso manexo fiscal no que puideron incorrer diferentes gobernos. O ímpeto mostrado polos servizos financeiros non correspondeu á debilidade do sector real, pois o endebedamento e os fluxos financeiros foron utilizados sen restrición ningunha para satisfacer os intereses dos acredores. Neste traballo realízase unha análise das canles que foron alimentando a débeda grega no contexto proposto por Minsky (1992) de inestabilidade financeira, que ten lugar cando unha economía transita desde a estabilidade financeira cara a un escenario de inestabilidade soportado en dúas variables determinantes: os altos e esaxerados xuros do servizo da débeda e mais o tipo de axentes posuidores dos activos de débeda. Os xuros do servizo da débeda contraída polo Goberno desde a súa incorporación á zona euro xunto ao forte impulso do financiamento provocaron que a débeda se convertese nunha bóla de neve xigante, mentres que o cambio nos posuidores de débeda impediu que o Goberno puidese cumprir coas estritas e onerosas reformas gobernamentais e macroeconómicas, que repercutiron directamente sobre a capacidade de pagamento dos Gobernos gregos e que provocaron resultados negativos sobre o benestar da sociedade.

    • English

      Greece has still not found its way back while its economy has been deteriorating year after year since 2008. It is argued in this article that the central factor of this outcome was the dynamics of financing in the countries most involved in Greek indebtedness that was considerably greater and had a more detrimental influence on the Greek economy than poor fiscal management that different governments could incur. The impetus displayed by financial services did not correspond to the weakness of the real sector which occurs when borrowing and financial flows are used without restriction to meet the interests of creditors. In this work an analysis of the channels that fueled Greek debt is carried out in the context proposed by Minsky where an economy moves from financial stability to a scenario of instability supported in two determining variables: high and exaggerated interest on debt service and the type of agents holding debt assets. The debt-service interest incurred by the government since joining the eurozone and the impetus for financing caused the debt to have a giant snowball effect while the change in debt holders forced the government to comply with strict and onerous government and macroeconomic reforms that directly impacted the ability of Greek governments to pay with negative results on the well-being of society,


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno