Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Églogas comunais. As paisaxes fundacionais de Rosalía de Castro como lugares de memoria (1863-1884)

Germán Labrador Méndez

  • galego

    Dende o século XIX, poetas e artistas traballaron os vínculos entre nación, territorio e capital a través da definición estética das paisaxes nacionais. As paisaxes de fundación eran arquivos dunha memoria e identidades colectivas, hoxe ameazadas pola eco-crise global. E eran tamén ámbitos de tensión entre as novas formas de explotación da natureza propias do capitalismo e os réximes de xestión do territorio tradicionais da cultura labrega. Neste contexto, Rosalía de Castro será a poeta fundadora da comprensión cultural da Galicia moderna, fixando unha poética para a súa paisaxe que, ao tempo, documenta os conflitos que a socavan. A súa obra captura o universo campesiño na súa complexidade social e económica, denunciando os dous feitos políticos máis importantes do seu tempo: as consecuencias das reformas na propiedade da terra e da alienación dos montes comunais, dun lado, e a emigración, doutro. Así, lemos na obra Rosaliana unha historia política da paisaxe na segunda metade do século XIX, dende os horizontes republicanos, federalistas e socialistas que desembocan no Sexenio democrático, até o fracaso dos seus ideais igualitarios na Restauración.

  • English

    Since Nineteenth Century, poets and artists explored connections among territory, capital and the nation, by means of defining aesthetics and national landscapes. Foundational landscapes were displayed as spaces for identitarian reflection and collective memory. They symbolically mediated between new forms of land management related to capitalism and the traditional organization of paysan’s territories. Within this context, Rosalía de Castro, as a foundational poet in Modern Galicia, designed the national landscape by also documenting social struggles underneath. By doing so, her works captured a rural universe in its complexity, denouncing the two most remarkable political events of the time: by the one hand, the consequences of reforms in the structure of property and the alienation of common-lands; by the other, the diasporic migrations. By this way, we can read Rosalia’s works as a political history of landscape, taking in perspective the republican, federal and socialist horizons she supported at the time.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus