O presente traballo é parte dun traballo máis ambicioso que trata sobre as campás da cidade da Coruña. A intención é a de describir e relatar o contido destas; a súa epigrafía e decoración. Normalmente, as campás pasan desapercibidas aínda que as teñamos diante, vemos o seu conxunto, mais non vemos os seus detalles. Tamén hai campás, como é o caso, que son parte doutro artiluxio, os reloxos monumentais. Estes reloxos necesitaban dunha campá para facerse escoitar ó marcar as horas. A maquinaria deste reloxo; francesa ó igual ca súa campá, semella ser o segundo reloxo monumental máis antigo da cidade o cal, pasamos a describir seguidamente.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados