Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Caso 2: Avaliación neuropsicolóxica no dano cerebral adquirido: Un caso de hemineglixencia

Zoraida González Cornide, Salomé Botana Martínez, Sandra Golpe Ferreiro, Javier Sardiña Agra

  • galego

    A hemineglixencia visoespacial defínese como a incapacidade para identificar, orientar ou responder a estímulos novidosos ou significativos que aparecen na rexión espacial contralateral á lesión cerebral. É considerada como un trastorno común que se observa no 70% dos pacientes con lesións hemisféricas dereitas. A etioloxía vascular é a máis frecuente. Neste traballo descríbese o caso dun paciente que presenta hemineglixencia, xunto con outras alteracións cognitivas asociadas, tras sufrir un ictus isquémico na arteria cerebral media dereita.

    Explícase a continuación o proceso de avaliación neuropsicolóxica realizada durante a estancia hospitalaria, así como os resultados obtidos e a importancia dos mesmos de cara a orientar o proceso de rehabilitación integral.

    Faise referencia ademais ao papel das familias ao longo de todo o proceso, sendo necesario telas en conta como axente implicado e como motor do proceso de rehabilitación.

  • English

    Hemineglect is the difficulty to identify, to get oriented or respond to novel or significant stimuli that occur on the contralateral side to a cerebral lesion. This common disorder occurs in a 70% of right hemispheric lesions and it is frequently caused by vascular accidents. This article shows a case of a patient who has hemineglect and other cognitive deficits because of a right middle cerebral artery stroke. This study explains the process of neuropsychological assessment during the hospitalization, as well as the results obtained and their importance to guide the global rehabilitation process. Then we emphasize the role of the family across all of process as agent involved and encouragement of rehabilitation.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus