Vigo, España
Neste traballo realízase unha análise lingüística contrastiva da obra Memorias de un niño campesino, autotraducida dende o galego por Xosé Neira Vilas. En primeiro lugar explícanse os principais conceptos sobre a disciplina da autotradución e exponse a situación en que se encontra esta disciplina en Galicia. En segundo lugar, a obra obxecto de análise enmárcase en certas clasificacións teóricas realizadas no ámbito de estudo seguindo determinados criterios. Posteriormente, cotéxase a obra autotraducida co correspondente orixinal en galego e identifícanse as principais modificacións realizadas por Xosé Neira Vilas na obra autotraducida. Estas organízanse e clasifícanse en cambios de tipo morfolóxico, sintáctico e léxico-semántico. Por último, considéranse as técnicas de tradución e os procedementos empregados polo autotradutor.
In this paper, a contrastive analysis of the novel Memorias de un niño campesino, selftranslated from Galician by Xosé Neira Vilas, is carried out. First of all, the main concepts on the field of self-translation are explained and the current state of the art in the Galician context is summarily exposed. Secondly, the work under analysis is classified into certain theoretical categorizations according to a number of criteria. Subsequently, the self-translated work is compared with its original version written in Galician, and the main changes made by Xosé Neira Vilas during the self-translation process are identified. These modifications are organised and classified into morphological, syntactic, and lexical semantic changes. Finally, the translation techniques and procedures used by the self-translator are examined.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados