Vigo, España
A pesar das moitas páxinas vertidas ó redor da obra de Rosalía de Castro (1837- 1885), o certo é que aínda non atopamos un consenso claro sobre a consideración interpretativa que merece a súa posición xeral dentro da historia da literatura. Neste traballo realizo un breve percorrido ó longo de varios volumes historiográficos para tentar aclarar as diversas interpretacións que nos chegan a hoxe da obra rosaliana, á vez que das certas inconsistencias que nestas interpretacións podemos atopar ou de, mesmo, a súa insuficiencia.
Unha vez aclaradas algunhas das incongruencias historiográficas a este respecto formulo unha nova tese: a da consideración de Rosalía de Castro como poeta veciña do Simbolismo literario de ascendencia francesa. Dous son os camiños que propoño para reforzar esta hipótese. En primeiro lugar, presento os principios do Simbolismo literario, dos seus autores máis destacados e da recepción que deste movemento se tivo no contexto do Estado español da época. En segundo lugar, e a modo de síntese de todo o traballo, enumero os trazos que se dan na obra rosaliana coincidentes cos do Simbolismo literario.
In spite of the many pages written about the work of Rosalia de Castro (1837-1885), there is no clear consensus on the interpretative consideration that its oeuvre deserves within the history of literature. In this paper I propose a brief tour along several historiographic volumes trying to clarify the various interpretations that have come to us, the significant inconsistencies we could find in them and the alleged inadequacy. of some of them. Having done so, I suggest a new thesis:
the consideration of Rosalia de Castro as a poet near to the literary Symbolism of French descent.
Firstly, I set out the principles of Literary Symbolism, its main authors and the reception that this movement had in the context of the Spanish state of that time. Secondly, I review the literary features of Rosalia's work that mach those of European Symbolism
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados