Neste estudio abórdanse algúns aspectos que no manco referencial de Galicia conformaron o proceso histórico que hebería de desembocar as plena incorporación da muller galega ás estructuras da educación formalizada mediante a progresiva facilitación do acceso femenino á institución escolar. Analizamos igualmente o proceso de adopción no territorio galego -iniciado xa ben avanzado o século XIX- do formato escolar de tipo mixto entendido como un modelo educativo que respostaba -aínda que tal resposta se revelou unicamente aparente- ás intensas demandas sociais dun tratamento igualitario para ámbolos sexos dentro do ámbito educativo
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados