Jon Amuriza creou o Taller de Teatro do Colexio Askartza de Leioa, País Vasco, durante o curso 1976-77. Desde entón esta foi unha experiencia pioneira na área de Exprsión Dramática, fundamentalmente pola súa continuidade e pola súa fidelidade a unha Pedagoxía que parte das necesidades expresivas do neno ou adolescente para estudialas e expansionalas. Neste Taller os nenos e nenas xogan e se expresan inicialmente. Cando son adolescentes proxectan o seu traballo escénico.
Ámbolos dous períodos son tratados con igual importancia, o Xogo dramático non é unha preparación para actuar, senón unha actividade infantil vital e plena de sentido en simesma.
Neste traballo, Jon Amuriza reflexiona para os lectores da nosa revista e nos convida a facelo, sobre os aspectos da Expresión Dramática e o Teatro de nenos e adolescentes.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados