Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Materiais de clase compartidos: Un proxecto de formación no propio centro

Manuel Pazos Crespo

  • O noso colexio está no concello de Laracha, a 23 km da Coruña pola estrada de Fisterra, conta con 42 mestres dos que uns 39 somos definitivos e case mil alumnos, a maioría transportados, xantando no comedor uns 300 comensais.

    O medio é rural cunha importante taxa de emigración.

    O proxecto levámolo a cabo 20 mestres do colexio e unha mestra da Escola Unitaria de Golmar, que está na mesma zonacon nenos de E. Infantil e lº ciclo de primaria.

    Os mestres do colexio repártense: 3 no 1º ciclo de primaria, 9 de ciclo medio, 6 son de ciclo superior, e 2 son de educación especial.

    Nos últimos anos latexaba en bastantes de nós a idea de que o "departamento de matemáticas" tiña moito que mellorar,-xa que a súa producción non nos resultaba satisfactoria, había que facer algo para dinamiza-las matemáticas no colexio.

    A nosa idea era investigalo que podían dar de si, tanto 'por temas como por niveis, algúns materiais didácticos estructurados para, en cursos posteriores saber en que momentos e para que contidos os podíamos empregar. O mesmo tempo isto faría que buscáramos información e discutíramos sobre contidos, recursos, metodoloxía, temporalización e avaliación da área de matemáticas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus