Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


José B. González, un mestre galego nos anos 30

  • Autores: José Muntada Bach
  • Localización: Revista galega de educación, ISSN 1132-8932, Nº. 26, 1996 (Ejemplar dedicado a: No centenario de Celestin Freinet), págs. 24-25
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • José Benito González Álvarez foi un de tantos mestres galegos procupados nos anos 30 pala renovación da escala pública. Sabemos do seu exercicio profesional na vila de A Cañiza (Pontevedra), onde era considerado un home "culto e modernizado".

      Foi alí fundador da Casa do Pobo; intervíu cos socialistas Botana, Poza Juncal e con Paratcha en diversos mitins políticos; escribiu con frecuencia no semanario Nueva Cañiza; fixo campañas contra a bebida de alcol, "o que lle trouxo a inimitade de grande parte dos taberneiros" da Cañiza, segundo se recolle no Libro de Actas do Consello Local de Primeiro Ensino.

      Como profesor primario, con máis de 80 nenas na súa aula, desenvolveu un traballo abeirado á pedagoxía Freinet, constando como o único galego pertencente ao grupo Freinet español daqueles intres, anque, as técnicas Freinet era tamén practicadas noutras escalas galegas.

      Quedou un testemuño do seu traballo nas páxinas do Boletín de Educación de Pontevedra, en 1935, e así o reproducimos, nesta ocasión, sen alterar a lingua española na que este testemuño se escrebeu.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno