Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A importancia psicomotora do gateo como habilidade

Antonio Novo Carballal

  • As nenas e nenos de toda a etapa educación infantil teñen un desenvolvemento global, é dicir, todas as súas aprendizaxes cognitivas, motoras, emocionais e afectivas non se poden entender de forma illada, posto que ocorren dunha maneira integral. O desenvolvemento dos pequenos ocorre de maneira secuencial e progresiva, ou sexa, unha habilidade axuda a que aconteza outra e sempre se van acumulando as funcións simples primeiro, para despois facelo coas máis complexas. Partindo desta premisa, este traballo pretende poñer de manifesto a transcendencia dunha habilidade: o gateo, normalmente concibida entre o volteo-reptación (precedente) e a marcha (posterior) para darlle a importancia que realmente ten no desenvolvemento motor, emocional, intelectual do noso alumnado, superando esa natureza transitoria que tivo ata hai ben pouco. Tempo atrás, pretendíase que o gateo durase o menos posible e apurábase a consecución da marcha como un logro terminal na motricidade dos nosos rapaces. O gateo constitúe un fito do desenvolvemento previo á marcha e, desde hai máis dunha década, os pediatras e os espazos de estimulación temperá preocúpanse acertadamente de enxalzalo. Con todo, precísase divulgar máis evidencias científicas que avalen a relación de que é un feito necesario para un correcto desenvolvemento psicomotor e, neste escrito, pretendo priorizalo a través dunha revisión bibliográfica.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus