Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Deconstruíndo as series televisivas para adolescentes con María José Masanet: A media laranxa cambiará por amor, porque o amor todo o pode e canto máis se pelexa máis se desexa... ou non?

Susana Quintela Díaz

  • A narrativa amorosa do cine e a literatura leva anos socializando a muller para que manteña co home unha relación de dependencia que, lonxe de facela libre, a converte en vulnerable. María José Masanet, investigadora e profesora universitaria, visitou catorce institutos galegos en febreiro de 2020, arredor da data de San Valentín, co fin de analizar co alumnado distintas series televisivas para adolescentes, coa intención de facelo reflexionar e desentrañar todas estas personaxes modélicas e tramas románticas. Nestas series, as mulleres aprenden que deben sacrificarse pola súa parella, que, se realmente as ama, ten que ser celoso e que, se a relación fracasa, incluso pola infidelidade del, é porque nós, mulleres, non sabemos querer ou non sabemos darlles suficiente amor, como merecen, pois é responsabilidade nosa converter a besta en príncipe.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus