Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O campo semántico das cores visto por tres xeracións

María Dolores Villanueva Gesteira

  • Os estudos lingüísticos manteñen extensamente que os nomes das categorías de cor nas linguas do mundo están organizados ao redor das cores focais universais, ou prototipos. Este traballo interésase por este campo semántico no galego a nivel oral. Escollemos nas pequenas aldeas galegas da Xesteira e Almofrei (concello de Cotobade, Pontevedra) cinco familias falantes de galego que tiveran membros pertencentes a tres xeracións. Leváronse a cabo vinte e dúas entrevistas que proporcionaron o material léxico comentado. O estudo pretende mostrar as categorías de cor nunha microcomunidade galega, o cambio lingüístico e as súas consecuencias semánticas. Observamos como as xeracións máis novas camiñan cara a unha maior homoxeneización do léxico, prefi ren os termos aprendidos na escola aos empregados polas súas avoas e establecen unha categorización máis nítida no contínuum sensorial da cor. O contacto lingüístico co castelán levou á contaminación do léxico coa introdución de formas alleas ou coa adquisición de novas acepcións en termos propios. Compróbase o percorrido das palabras a través das tres xeracións, o desuso dalgunhas formas e a recuperación doutras, sen dúbida nesta última.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus