Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Pilar Carceller: o profesorado debe sentirse mediador e non mero transmisor de coñecementos

  • Autores: Carme Fernández (entrev.), Pilar Carceller (entrevistado)
  • Localización: Revista galega de educación, ISSN 1132-8932, Nº. 31 (1ª época), 1998 (Ejemplar dedicado a: A educación infantil), págs. 67-71
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Durante o pasado mes de febreiro estivo en Vigo Pilar Carceller, unha muller que como tantas outras dedícase ao ensino desde hai moitos anos. Viaxou invitada polo CEFOCOP para falar da súa experiencia sobre as estratexias de aprendizaxe na lectura e escritura desde unha perspectiva cognitivista.

      Do seu labor profesional podemos sinalar como ó longo de case dez anos, desde o 1985, estivo asesorando os Programas de Inmersión Lingüística do Departamento d'Ensenyament de la Generalitat de Catalunya, a través da elaboración de propostas didácticas no campo da lingua, coordinando seminarios e a formación en centros dirixida a profesorado de distintos niv.eis. Na actualidade traballa nun CEIP de Barcelona e en relación coa Universidade Autónoma de Barcelona (UAB). As súas experiencias están recollidas en varios artigos e sobre todo na revista Guix de Barcelona.

      Nunha longa e interesantísima conversa subliñou o seu convecemento de que "o alumnado aprende dunha maneira e de que o profesorado somos mediadores e non transmisores de coñecementos", amosándose preocupada por un enfoque escolar onde só prime a eficacia -"se se tratase disto, de ir preparando aos nenos para ser máis, esqueceríamos que o ser humano ten valores de convivencia e relación; estamos, pois, nun momento que non é fácil-o


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno