Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Consumamos valores. Proxecto educativo sobre consumo responsable e cultura da sustentabilidade. Dende e para unha UDC libre e ecolóxica

Eva Paola Bermúdez Porras

  • Alexander von Humboldt, considerado pioneiro da ciencia ecolóxica por Jorge Riechmann, dicía: “Nas montañas está a liberdade. As fontes de degradación non chegan ás rexións puras do aire. O mundo está ben naqueles lares onde o ser humano non alcanza a turbalo coas súas miserias”. Quizais non é a afirmación máis idónea para comezar un TFG (xa que podemos poñer en cuestión a segunda afirmación do xeógrafo polímata), pero creo que é a afirmación que máis pode facernos reflexionar. Este traballo pretende aportar información sobre o problema socioecolóxico e a necesidade de cambiar de paradigma e tomar parte activa no cambio. Sobre a relevancia dos movementos sociais, do papel da Universidade e a Educación como motor de cambio, e finalizará cun Proxecto Educativo para a comunidade universitaria, Consumamos valores, sobre consumo responsable e a cultura da sustentabilidade, que emprega as TICs e as Artes como ferramentas principais e invita ás persoas destinatarias a ser axentes activos en todo momento, reflexionar sobre as verdadeiras necesidades, o valor e o prezo das nosas accións, e cuestionar o sistema. Este traballo pretende unha UDC libre e unha cidadanía crítica e comprometida. Non queremos unha fábrica.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus