Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Música e paz para a educación

  • Autores: Marga Sampaio
  • Localización: Revista galega de educación, ISSN 1132-8932, Nº. 33 (1ª época), 1999 (Ejemplar dedicado a: Educación e dereitos humanos), págs. 72-77
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Matinaba como levar adiante esta proposta, mergullaba entre libros e discos, e decidín tomarme un respiro lendo cómics: Alberto Breccia, Milo Manara, Miguelanxo Prado, Annie Goetzinger, A.

      Hernández Palacios, Chantal de Spiegeler... E alí estaba. Nos álbumes que tiña entre as mans, a ficha técnica de cada historieta engadía un dato certamente inusual: música. A imaxe estática requería un novo elemento, sonoro, para poder ser percibida na súa totalidade. Comecei a anota-las obras musicais que tiñan inspirado ou acompañaban aquelas imaxes: Haendel, Phil Collins, Scarlatti, Joe Cocker, Vinicius e Toquinho, Win Mertens, Gardel, Pink Floid, Beethoven, Steve Reich... Músicas absolutamente dispares alentaran a creación de historias que tiñan todas un eixo común: os Dereitos Humanos. Persoas de diferentes lugares e culturas reflexionaban sobre o mesmo tema acompañados por timbres e estilos musicais ben diversos.Tal vez fose ese o fío que podía desenmaraña-la madeixa. E xurdiu a pregunta do millón: ¿que relacións podemos establecer entre música e paz?


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno