Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A educación en dereitos humanos: Reflexións e retos para enfrontar un novo século

Abraham Magendzo

  • Este traballo é un espacio que me ofrezo para penetrar con sentido analítico e crítico na educación en dereitos humanos. É unha brochada a unha serie de tópicos cunha mirada de futuro desde a memoria. En primeiro lugar entendo que a educación en dereitos humanos está destinada a ser debatida e a enfrontar un contexto que se pode cualificar como crise de situación. A educación en dereitos humanos debe enfrontar con altura de miras e sen restriccións esa crise de situación. É a maneira que a educación ten para ir construíndose na relación co seu contexto, enfrontándoo con sentido da realidade e con decisión de transformación. Nesta perspectiva a palabra crise, máis que un desequilibrio transitorio, ten reberetes dun estado de transformación e de mutación permanentes cunha connota,ción particular quizais deste tempo e non de outros, que é a súa visibilidade en todas as ordes e en todos os ámbitos da realidade social.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus