Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A educación en telépolis: Entrevista con Javier Echeverría

Javier Echeverría (entrevistado)

  • O filósofo Javier Echeverría foi o encargado de impartir a conferencia de clausura do I Congreso A Fenda Dixital, organizado polas Universidades de Santiago,Vigo e Minho, conxuntamente con Nova Escola Galega e co patrocinio do Concello de Silleda. Javier Echeverría, ademais de ser un dos máis prestixiosos filósofos da ciencia, é tamén un atento e orixinal intérprete das novas formas sociais xeradas polo desenvolvemento tecnolóxico máis recente. Nos tres ensaios Telépolis (1994), Cosmopolitas domésticos (1995) e Los señores del Aire: Telépolis y el Tercer Contorno (1999), describe unha nova sociedade organizada arredor dunha nova “polis”, Telépolis, coa súa ágora ou praza pública, as súas rúas, vivendas, estradas e autoestradas, por onde circulan incesantes as informacións, pero onde tamén se constrúen novas formas de percepción e de interacción social e, finalmente, tamén novas formas culturais e novas identidades. No terceiro ensaio introduce a figura dos “señores do aire”, novos señores feudais do terceiro contorno. Coa imaxe dos tres contornos, Echeverría diferenza un primeiro contorno, o da natureza física, que aínda é predominante en países do terceiro mundo; un segundo contorno, o industrial, que ata hai pouco era o índice fundamental do desenvolvemento; e un terceiro, o tecnolóxico ou virtual, característico da nova Telépolis.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus