Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A “pedagoxía” de Supernanny?

  • Autores: Pablo Montero Souto
  • Localización: Revista galega de educación, ISSN 1132-8932, Nº. 36 (1ª época), 2006 (Ejemplar dedicado a: Familias e escolas), págs. 73-75
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Nos últimos tempos, a educación ten vindo a ocupar unha maior presenza nos medios de comunicación social, a partir do éxito acadado por todo un conxunto de series de ficción que, dun xeito ou doutro, reflicten unha determinada imaxe da vida escolar e do día a día do seu alumnado. Dende Al salir de clase ata Compañeros, pasando por outras series de menor audiencia, como Javier ya no vive solo o Rebelde way, os protagonistas dos centros educativos son retratados na escena televisiva como personaxes de ficción que figuran modelos de facer na educación: profesores cun estilo docente escasamente pedagóxico, mozos que experimentan todo tipo de conflitos escolares, directores de escola en continua crise de liderado, familias despreocupadas coa educación dos seus fillos, etc. Mágoa que todo iso non forme parte exclusivamente da ficción e “que en vez de ser a serie a que reflicte a realidade da xuventude, ao final sexan os mozos de fóra os que adapten as súas conversas, as súas ideas e as súas vidas ao que a serie lles amosa” –como ten manifestado PérezReverte nun dos seus artigos semanais titulado Colegas del cole.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno