A partir da constatación de que a lingua galega se atopa nunha situación potencial de perigo, estableceremos unha reflexión sobre algúns dos parámetros que poden axudar a definir a súa situación. Partindo da análise de cuestións tales como a transición socio-estructural que Galicia experimentou durante as últimas décadas e recalando nos datos de carácter sociolingüístico achegados por algunhas investigacións recentes, tales como o Mapa Sociolingüístico de Galicia, procuraremos presentar algunhas suxestións interpretativas inspiradas na teoría sociolóxica da cultura e dos valores, así como mediante un contraste con datos procedentes dun estudio realizado recentemente no País Valenciano, que nos axuden a defender a idea de que os últimos datos dispoñibles relativos a un forte declive do número de galego-falantes exclusivos deben ser enmarcados no inicio dun proceso de cambio cultural e de valores. Este posible cambio está chamado a ter unha incidencia directa no modo como a comunidade de Galicia asuma e faga efectivo no futuro o seu proxecto identitario de país
In response to the observation that the Galician language finds itself in a situation of potential danger, we will reflect on some parameters that may help to define the situation. Beginning with an analysis of issues such as the socio-structural transition that Galician has experienced over the past few decades and making use of sociolinguistic data provided by some recent investigations such as the Mapa Sociolingüístico de Galicia (Sociolinguistic Map of Galicia), we will endeavour to present some interpretive advice inspired by sociological theory of culture and values, and also based upon a contrast with data proceeding from a study recently conducted in Valencia. This analysis will help us to defend the idea that the latest data available concerning the strong decline in exclusive Galician speakers must be viewed in the context that a change in culture and values is beginning. This possible change is destined to have a direct effect on the way in which the community of Galicia assumes and makes possible its own identitary plan
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados