A Estatística ocupa unha parte importante do currículo das matemáticas en secundaria aparecendo sempre como último bloque de coñecementos despois dos de números, álxebra, xeometría e análise. Posiblemente esta colocación sexa a causa de que non sempre se imparta este bloque coa atención que se merece a pesares da súa potencialidade didáctica e as aplicacións prácticas que ten. Nesta comunicación preséntanse varias propostas de traballos estatísticos levados a cabo nas aulas de secundaria, que van dende o estudo dos peixes do mar e a lonxa en 1º de ESO ata os resultados dunha degustación de chicle en 4º de ESO.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados