Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Multilocalización e estatisticas rexionais

    1. [1] Instituto Galego de Esatística
  • Localización: XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións: Lugo, 22-23-24 de outubro de 2015. Actas / María José Ginzo Villamayor (ed. lit.), José María Alonso Meijide (ed. lit.), Luis Alberto Ramil Novo (ed. lit.), 2015, ISBN 978-84-8192-522-7, págs. 260-260
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Factores organizativos e funcionais explican a multilocalización da actividade empresarial, un fenómeno expansivo que abarca tanto globalización como rexionalización. Dende unha perspectiva rexional a multilocalización ten un interese analítico en campos tan amplos da Economía como a unidade de mercado, a fiscalidade, o esquema de organización autonómica ou o propio sistema estatístico rexional. Esta tendencia crecente da multilocalización non ten o reflexo necesario na metodoloxía para o seu estudio sistemático, a pesares de recentes avances na clasificación das actividades das sedes centrais (Eurostat, 2008) ou na delimitación da actividade a nivel de establecemento (Comisión Europea, 2013), de eficacia condicionada polo Plan General de Contabilidade, que non contempla a desagregación das contas de produción e explotación. Diferentes estudios teñen abordado os efectos da multilocalización nas economías rexionais, aínda que baixo enfoques dominados polo estudio do impacto das sedes centrais (Bescós, 2003; Ayet y Sanz, 2004; Mella, 2010) Nesta comunicación trátanse algúns problemas específicos da multilocalización no enfoque das estatísticas de empresas, con propostas concretas que permiten unha aproximación razoable á medición da actividade económica rexional..


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno