Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Impacto do programa galego de detección precoz do cancro de mama ((PGDPCM) sobre a mortalidade por cancro de mama en Galicia.: Período 1980-2012

Gael Naveira Barbeito, Marina Pollán Santamaría, María Isolina Santiago Pérez, Ana Belén Fernández Llanes, Raquel Zubizarreta Alberdi, Alberto Malvar Pintos

  • En Galicia, no ano 1992, púxose en marcha o Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama (PGDPCM), dirixido inicialmente ás mulleres galegas de 50 a 64 anos, aínda que na actualidade abarca ata 69 anos de idade. O obxectivo deste traballo foi estimar o impacto do programa sobre a mortalidade por cancro de mama en Galicia, a través dunha análise idade-período-cohorte. Para isto axustouse un modelo de regresión binomial negativa no que a variable resposta foi o logaritmo das taxas específicas de mortalidade por cancro de mama e as variables explicativas foron: a idade, o período, a cohorte, o cribado considerando a participación e a incidencia de cancro de mama. Os resultados obtidos amosan unha redución do 29% (IC95%: (25, 33)) no risco relativo de morrer por cancro de mama para as mulleres que pasaron polo programa (naqueles concellos nos que se observou unha boa participación) en comparación co grupo de mulleres non cribadas. Este efecto podería estar asociado a un impacto positivo do PGDPCM aínda que non é posible diferencialo totalmente doutros efectos


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus