A Coruña, España
Tradicionalmente a industria, así como a educación e a formación no ámbito marítimo estiveron marcadas polo predominio masculino. A pesar de que nos últimos anos experimentouse un certo crecemento da participación feminina nas carreiras de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas (STEM); os campos relacionados co mar permanecen aínda por detrás amosando unha fenda considerable entre a participación de homes e mulleres. Neste traballo preséntase a situación das mulleres nas denominadas blue careers ou carreiras azuis, como se denominan aquelas carreiras relacionadas co aproveitamento de mares e océanos, que se veñen impartindo na Universidade da Coruña (UDC) entre os anos 2013 e 2018. Esta análise verifica a permanencia dos estereotipos de xénero e a súa influencia na elección destas carreiras universitarias.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados