Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Novas metodoloxías docentes no dereito penal: Twitter no ensino universitario da violencia de xénero

María Castro Corredoira

  • Na procura dunha efectiva aproximación do estudantado universitario á realidade da violencia contra a muller, é preciso elaborar un plan de traballo que suscite o seu interese pola materia. Co fin de fomentar o interese do alumnado do Graos en Dereito e en Criminoloxía pola formación específica en violencia de xénero, valorouse o emprego de redes sociais na metodoloxía docente. Para isto, levouse a cabo unha recopilación de información sobre as redes sociales que, na actualidade, gozan dun maior número de usuarios, en idades comprendidas entre os 18 e os 30 años. Con resultados obtidos, concluiuse o emprego da plataforma Twitter para formar ao alumnado dos Graos en Dereito e Criminoloxía, nos aspectos xurídico-penais da violencia contra a muller, dun xeito dinámico, que promovese a interacción entre o alumnado, o seu interese polos coñecementos nesta materia, e a súa efectiva aprendizaxe. Con todo, valoránrose algunhas propostas de traballo cunha doble perspectiva: unha máis xenérica, de xénero e, integrada nesta, unha máis específica, de carácter xurídico penal, orientada á formación en contidos específicos: a definición da violencia de xénero; a identificación dos tipos penais e conductas típicas relacionados coa violencia de xénero e o estudo das penas asumibles nestes casos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus