Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A importancia da confidencialidade en Psicoloxía Aplicada

José Luis Rodríguez-Arias Palomo

  • galego

    A confidencialidade dá sentido ó exercicio profesional da Psicoloxía calquera que sexa o seu ámbito de aplicación. É básica para que os clientes desvelen a súa intimidade nun clima de confianza. Outras profesións teñen na confidencialidade o asento para o desenvolvemento do seu labor profesional, pero en Psicoloxía alcanza unha importancia especial, porque especial é a transcendencia da intimidade que se expón nunha consulta de Psicoloxía. Discútense os argumentos a favor e en contra de manter a confidencialidade en tres supostos frecuentes do traballo psicolóxico: a confidencialidade fronte á seguridade persoal, nos informes psicolóxicos e en relación ás confidencias. Partindo duns exemplos analízanse as opcións dispoñibles. Non se ofrece unha solución definitiva, senón a oportunidade de reflexionar sobre os exemplos para atopar alternativas e fundamentos aos que recorrer cando o lector se atope en dilemas éticos similares. Conclúese que defender a confidencialidade contribúe ao prestixio da Psicoloxía.

  • English

    Confidentiality provides meaning to the professional practice of psychology, whatever its field of application. It is essential for clients to reveal their privacy in a climate of trust. Other professions also ground their practices on confidentiality, but confidentiality is particularly important in psychology, given the special relevance of the intimacy being exposed in a psychology consultation. The arguments for and against maintaining confidentiality are discussed through three frequent cases of psychological work: confidentiality versus personal security, psychological reports, and confidences. Based on some examples, the available options are discussed. Rather than providing definitive solutions, this work offers the reader the opportunity to reflect on the examples to find alternatives and foundations to turn to when faced to similar ethical dilemmas. It is concluded that protecting confidentiality contributes to the prestige of Psychology.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus