Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Teatro e educación social: algunhas confluencias explícitas

Manuel F. Vieites

  • Na praxe profesional da Educación Social, en especial naquelas liñas de actuación vinculadas coa Animación Sociocultural, pero tamén en ámbitos como o traballo con colectivos específicos nos que os procesos de expresión por veces constitúen a primeira ferramenta para a diagnose previa a calquera deseño de intervención, ou en procesos de desenvolvemento sociocomunitario no que o patrimonio cultural desempeñe un rol central, vai aparecer, antes ou despois, de forma directa ou indirecta, a praxe teatral, un territorio polo que os suxeitos adoitan transitar por razóns diversas e un campo con posibilidades certas para o deseño de programas variados. Como ferramenta de intervención adquire igualmente notable importancia no contexto escolar, polas diversas metodoloxías de traballo que fornece en procesos múltiples. Non obstante, unha das maiores eivas que vai atopar quen queira utilizar o teatro como ferramenta de intervención no campo da Educación Social, vai ser o da formación específica recibida, pouca ou ningunha, co que a intervención se torna imposible se ha de facerse con criterios de rigor e profesionalidade. Con este traballo pretendemos ofrecer unha panorámica xeral que mostre as múltiples interseccións entre Educación Social e teatro para despois presentar unha proposta de traballo orientada á formación inicial e permanente en Pedagoxía Teatral na perspectiva da Educación Social


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus