Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Amor e violencia: unha perigosa relación nas parellas de adolescentes. Unha cuestión da educación social?

Belén Martínez Cuquejo, Yolanda Rodríguez Castro

  • O obxectivo deste estudo consiste en analizar a percepción da Violencia de Xénero relacionada co ideal de parella e os mitos do amor romántico das e dos estudantes de 1º e 2º ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria e comprobar a necesidade no sistema educativo da incorporación do/a profesional da Educación Social. Para realizar esta investigación, contamos coa participación de 64 estudantes, 35 rapazas e 29 rapaces, con idades comprendidas entre 12 e 17 anos, pertencentes a un IES do Concello de Xinzo da Limia. Os resultados deste estudo confirman que mozos e mozas definen as relacións de parella con cualificativos como amor, confianza e comprensión. Tamén podemos destacar que rapaces e rapazas presentan unha visión estereotipada do amor. Salientamos que maioritariamente as mozas e os mozos están de acordo co mito da media laranxa, co mito dos celos e co mito da omnipotencia. De forma diferenciada, os rapaces tamén están de acordo co mito da entrega total, mentres que as rapazas co mito dos polos opostos e da paixón eterna. Outro resultado é a dificultade que soen ter os rapaces e rapazas para identificar as situacións de violencia psicolóxica/verbal xa que as teñen normalizadas na súa forma de relacionarse. Polo tanto, consideramos que é importante traballar cos e coas adolescentes dende unha perspectiva coeducativa, na cal se rompa cos estereotipos de xénero asociados ao amor e se promovan as relacións de parella saudables, e quen mellor que o/a educador/a social, que ten as competencias e formación necesarias para levar a cabo este tipo de accións


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus