Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Actividades socioeducativas asistidas con animais dentro dun contexto educativo: experiencia nun centro de menores

Alba María Ojea Cid

  • A experiencia levada a cabo consta de diferentes actividades relacionadas co medio natural e animal, incorporadas nun proxecto de intervención socioeducativo que ten como persoas destinatarias a adolescentes en risco de exclusión social, os e as cales están internados/as nun centro de reforma. As actividades asistidas con animais poden ser un recurso importante para traballar a motivación, as relacións de convivencia coa natureza e o ocio saudábel, incorporándoas a programas máis globais de atención á persoa e á mellora do seu benestar. Por esta razón, o que aquí se presenta é un proxecto válido para intervir nun dos ámbitos da Educación Social; neste caso, a utilización de actividades asistidas con animais e relacionadas co medio natural aproxímannos a novas alternativas de traballo, tanto dentro como fóra do sistema escolar, contribuíndo a: mellorar a calidade de vida das persoas coas que vaiamos traballar e supondo, ademais, unha nova oferta de ocio que promove a actividade física e a saúde; axudar a que os rapaces e rapazas desenvolvan diferentes pautas elementais de convivencia e de relación social, por medio dos valores relacionados co coidado e respecto cara ao medio natural e animal; e aproveitar os beneficios que supoñen as actividades asistidas con animais á Educación Social, tanto nos tradicionais centros de menores como nos centros educativos formais. En definitiva, trátase de crear un recurso co cal poder traballar no ámbito formal, unha ferramenta novidosa que sería empregada polo persoal axeitado dentro das escolas, e esta figura profesional ben podería ser a da Educadora ou Educador Social


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus