Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A necesidade das/os profesionais da educación social nas casas de acollida de atención a vítimas de violencia de xénero

Noelia Bargiela Romero, Yolanda Rodríguez Castro

  • O obxectivo principal deste estudo é visibilizar a importancia do papel do educador/a social nas casas de acollida de violencia de xénero a través de entrevistas semi-estruturadas a tres profesionais deste ámbito e deste recurso. Os resultados da investigación mostran a importancia desta profesión con este colectivo e concretamente nas casas de acollida e tamén a importancia dos educadores e educadoras sociais para erradicar as desigualdades sociais entre homes e mulleres, problema principal da violencia de xénero. Podemos observar tamén a importancia de que sexa a muller a protagonista do seu proceso dentro da casa de acollida e a envergadura da escoita activa por parte das profesionais á hora de traballar con este colectivo. Tamén se recolle parte da historia de dita institución, onde veremos como, co paso dos anos, tanto a maneira de traballar como o papel do educador e educadora social foron cambiando


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus