Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A diversidade de aves decrece co abandono da agricultura en Galicia

María del Mar Sobral Bernal, Luis José Salaverri Leiras, José Guitián Rivera, Ignacio Munilla Rumbao

  • O abandono da terra no medio rural é un dos principais factores de cambio na composición e na riqueza da biodiversidade europea. Neste traballo exploramos se o abandono da agricultura tradicional en Galicia inflúe na diversidade de aves. Realizamos censos de aves en 39 aldeas da provincia de Lugo nas que se dan diferentes graos de abandono da terra. Os nosos resultados indican que tanto o número de especies de aves, como a abundancia total de aves, diminuíron ao aumentar a proporción de terras abandonadas. En consecuencia, deben favorecerse medidas de conservación capaces de contrarrestar os efectos do abandono da terra, unha agricultura de subsistencia e axudar a manter a diversidade de aves ligada aos agroecosistemas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus