Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Descrición e prescrición na "Gramática" de Saco

    1. [1] Universidade de Santiago de Compostela

      Universidade de Santiago de Compostela

      Santiago de Compostela, España

  • Localización: Boletín da Real Academia Galega, ISSN 1576-8767, Nº. 379, 2018 (Ejemplar dedicado a: María Victoria Moreno), págs. 407-417
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A aparición, a mediados do século XIX, das primeiras gramáticas do galego propicia a reflexión dos seus autores acerca de dúas cuestións fundamentais: por unha banda, determinar que variedade ou variedades se van empregar como punto de referencia do estudo gramatical e, por outra, decidir se o enfoque con que se vai abordar este será eminentemente descritivo ou de carácter máis ben prescritivo.

      O traballo analiza o posicionamento de Saco con respecto a estas dúas cuestións, poñéndoo en relación coas opinións dos seus contemporáneos. Neste sentido, canto ao ideal de lingua, o traballo salienta a fidelidade de Saco ao galego rústico e aldeán, que contrasta agudamente coas posicións maioritarias sostidas por outros autores do momento, que manifestan polo xeral uns fortes prexuízos antipopularistas. Por outra banda, constátase tamén a adopción na gramática de Saco dunha perspectiva decididamente descritiva, que se manifesta na incorporación no texto de variantes de diferente tipo (fonético, morfolóxico, léxico) e nunha forte contención dos comentarios de carácter prescritivo


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno