Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de De camiño na saudade: "itinerarium cordis in Deum"

Andrés Torres Queiruga

  • Respondendo a unha vella intuición, o artigo trata da saudade nunha modalidade non estudada: a saudade vivida alén das palabras, expresada na vivencia da carne e no movemento do corpo. Rosalía, poeticamente lonxe de Galicia, sente nacer unha fonda saudade, convertendo a ansia da lembranza en pasos no camiño, en comuñón coa realidade cósmica a través da lúa e coa Transcendencia na voz das campás. Aproveito para sinalar as etapas do meu encontro co tema, abordando finalmente o seu significado teolóxico: esperanza versus angustia, profundación metafísica e apertura a Deus, expresada nunha experiencia abisal con saloucos “máis fonda cás palabras”.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus