Santiago de Compostela, España
A pesares dos diversos traballos publicados sobre a figura de José Rodríguez González, e tamén dos esforzos realizados nos últimos tempos a prol do recoñecemento deste persoeiro, aínda quedan aspectos inéditos por tratar e segue a ser necesario completar a súa biografía e reivindicar a repercusión histórica das achegas deste matemático galego do século XIX. Pretendemos neste artigo, contribuír con novos apuntamentos para unha pendente biografía completa, unha vez analizados polo miúdo documentos de arquivo existentes nas universidades de Santiago de Compostela e de Gotinga. Dividiremos este traballo, en dúas partes. A primeira relacionámola coa obtención da cátedra de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, que serviulle de pulo para que anos máis tarde pasase a Francia para formarse cos mellores científicos da época e lle permitise participar na medición do arco meridiano e triangulación das Illas Baleares, o que lle deu sona internacional. A segunda parte está en relación coa súa estadía en Alemaña, onde podemos confirmar a relación que tivo Rodríguez con Carl Friedrich Gauss, un dos matemáticos máis sobranceiros de todos os tempos.
Despite the various works published on the figure of Jose Rodríguez-González as well as the efforts made in recent times concerning his recognition, much remains to be considered to complete his biography and vindicate the impact of the historical contributions of this Galician mathematician of the nineteenth century. We try to contribute new relevant notes once we have analyzed the file documents at the Universities of Santiago de Compostela and Göttingen. The article is divided into two parts. The first one is related to get the position of Full Professor of Mathematics at the University of Santiago de Compostela, which later motivated him to move to France in order to train with the best scientists of that time. This allowed him to participate in the measurement of the meridian arc and the triangulation of the Balearic Islands, which made him internationally famous. The second part is related to his stay in Germany where we can confirm the relationship that he had with Carl Friedrich Gauss, one of the most important mathematicians of all time
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados