María-Paula Ríos-de Deus, MªLuisa Rodicio García, María José Iglesias Cortizas, María-José Mosquera-González, María Penado Abilleira
Preséntanse os resultados da avaliación da eficacia dun programa de competencias emocionais levado a cabo con estudantes matriculados (N=174) na materia de Desenvolvemento de Competencias Emocionais da Universidade da Coruña (UDC). É parte dunha investigación ampla que comezou coa avaliación de necesidades en competencias emocionais e concretouse, entre outras iniciativas, co deseño dun programa de desenvolvemento destas. Os resultados indican que o coñecemento e desenvolvemento das competencias emocionais mellora significativamente despois de participar nun programa específico para o seu desenvolvemento.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados