É un recurso educativo aberto que pretende servirlle ao profesorado do primeiro ciclo de educación primaria como unha guía para desenvolver nas aulas unha secuencia didáctica na que ensinarlle ao alumnado a escribir textos literarios de calidade. Dispoñible no repositorio do Espazo Abalar, este REA ten o seu complementario en Fotografía e contos dirixido á etapa de educación infantil. Estes dous recursos comparten a estrutura e teñen a mesma finalidade: formar alumnado competente lendo e escribindo
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados