Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Modelo educativo Aspanaes

Ana María Martínez Díez, Ana Isabel Otero Carreiras, Alberto Silva López, Mª Teresa Tiemblo Marsal

  • O sistema educativo de Aspanaes está baseado nunha concepción participativa da actividade escolar e é o mecanismo idóneo para atender adecuadamente os dereitos e liberdades do profesorado, o alumnado e as súas familias. Un ensino especializado e específico, enmarcado nos Obxectivos estrátexicos para a educación e formación 2020-Estratexia europea de «Mellorar a calidade e a eficacia na formación» e «Promover a equidade, a cohesión social e a cidadanía activa», para que o noso alumnado con necesidades educativas especiais poida fomentar o seu desenvolvemento persoal cun marco educativo flexible e permeable como sistema de aprendizaxe, xa que é personalizado, e onde a intervención en idades temperás é fundamental.

    Este modelo educativo e formativo é inclusivo, aberto e de calidade, grazas aos recursos comunitarios e contornas naturais que participan conxuntamente con outros centros e entidades.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus