Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Autismo e educación

  • Autores: Iván Ruiz
  • Localización: Maremagnum: publicación galega sobre os trastornos do espectro autista, ISSN 1698-5966, Nº. 22, 2018 (Ejemplar dedicado a: Educación e autismo), págs. 49-55
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Autismo e educación parecen de entrada contrapostos, pois para ser educado é necesario consentir o outro e a súa intención educativa. O suxeito autista formula, de entrada, xustamente este rexeitamento radical a toda demanda cara a el. Na infancia, as intervencións educativas xiran, a maior parte delas, arredor da regulación das pulsións corporais. O autista, enfrontado a un corpo sen subxectivar, radicalmente estraño para el, recibe a intención educativa do adulto coma se dunha intromisión no seu corpo se tratase. Na idade adulta, e nos casos de autismo máis resistentes a calquera tipo de tratamento, as expectativas sobre o suxeito decaen e as intervencións limítanse, nalgúns casos, a coidar a persoa nas súas necesidades máis básicas. As institucións orientadas pola psicanálise propoñemos tamén nestes casos a abordaxe terapéutica que deixe o educativo nun segundo plano para facer posible que xurda o suxeito, isto é, a súa relación coa linguaxe, co propio corpo, cos obxectos e cos outros.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno