Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Actividade Antioxidante en Carne de Tenreiros Alimentados con Bagazo de Uva

    1. [1] Universidade de Santiago de Compostela

      Universidade de Santiago de Compostela

      Santiago de Compostela, España

  • Localización: Recursos rurais: revista oficial do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural ( IBADER ), ISSN-e 1885-5547, Nº. 14, 2018, págs. 15-22
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • Antioxidant Activity in Grape-marc-fed Calf Meat
  • Enlaces
  • Resumen
    • English

      Winemaking byproducts contain polyphenols among other valuable bioactive compounds. The beneficial effects of these composts are attributed, among other things, to their antioxidant activity. For this reason, this work studies the potential effect of a diet enriched in polyphenols in the characteristics of calf meat fed with grape bagasse as a supplement to its diet. We propose a rapid extraction of six individual polyphenols of raw calf meat, previously identified and selected as markers in the bagasse. The procedure is based on automated simultaneous extraction using pressurized liquids (PLE) followed by high efficiency liquid chromatography with UV-Vis detection with a diode system (HPLC-DAD) for the identification of polyphenols and quantitative analysis. In the obtained extracts, the total polyphenol index (TP) and the antioxidant activity (AA) are determined. Due to the complexity of the sample, the most outstanding results of this work are those related to the evaluation of the antioxidant activity of the extracts. After the corresponding statistical analysis of the data obtained, it can be observed that it is better to include a combination of grape bagasse in the diet of the animals given the improvement observed in the measured antioxidant indexes, and consequently, also in the properties of the meat and in its conservatione.

    • galego

      Os subprodutos de elaboración do viño conteñen valiosos compostos bioactivos, entre os que destacan os polifenois. Os efectos beneficiosos destes compostos atribúense, entre outras, á súa actividade antioxidante. Por esta razón, estúdase o efecto potencial dunha dieta enriquecida en polifenois nas características da carne de tenreiros alimentados con bagazo de uva como complemento ou suplemento na súa alimentación. Proponse unha extracción rápida de seis polifenois individuais de carne crúa de tenreiro, previamente identificados e seleccionados como marcadores no bagazo. O procedemento baséase na extracción simultánea automatizada mediante líquidos presurizados (PLE) seguida de cromatografía líquida de alta eficacia con detección UV-Vis cun sistema de díodos (HPLC-DAD) para a identificación dos polifenois e a análise cuantitativo. Nos extractos obtidos determínanse o índice de polifenois totais (IPT) e a actividade antioxidante (AA). Debido á complexidade da mostra, os resultados máis sobresaíntes deste traballo son os relacionados coa avaliación da actividade antioxidante dos extractos. Tras a correspondente análise estatística do conxunto de datos obtidos, pode observarse que resulta mellor incluír unha combinación de bagazo na dieta dos animais dada a mellora observada nos índices antioxidantes medidos, e  en consecuencia, tamén nas propiedades da carne e na súa conservación.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno