Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Cara a unha identidade colectiva: imaxinario e normas de repertorio na poesía galega dos 90

    1. [1] Universidade de Santiago de Compostela

      Universidade de Santiago de Compostela

      Santiago de Compostela, España

  • Localización: Itinerarios: revista de estudios lingüisticos, literarios, históricos y antropológicos, ISSN 1507-7241, Nº. 20, 2014, págs. 35-48
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • Towards a Collective Identity: Social Imaginary and Repertoire Rules in Galician Poetry of the 90s
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      Desde que Les cadres sociaux de la mémoire de Halbwachs en 1925 postulou a construción social da memoria colectiva, as Ciencias Sociais non desatenderon os estudos sobre a memoria, xa fose enfocando o seu carácter normativo ou a súa relación coa historia. Hoxe, esta asúmese como un mecanismo de reconstrucción e resignificación dos elementos presentes ou incorporábeis ao imaxinario social por intereses diversos. Observando a produción poética galega da década dos 90 (e non só), percíbese a reiteración de certos elementos ligados á historia e á construción da memoria nacional, entre os que podemos atopar desde mencións ao imaxinario atlantista ou medieval, até interdiscursividade e intertextualidade coa literatura popular ou reescrituras da historia literaria. Ao sermos conscientes da ligazón destes marcos coa fabricación das identidades nacionais, e sen deixar de considerar o sistema galego como un sistema se non emerxente, si en loita pola súa definición e contraste, é pertinente cuestionar se certas escollas na produción poética constituíron unha norma de repertorio na altura dos 90. Reformulada por Torres Feijó (2004), esta noción de Itamar Even-Zohar designa aqueles elementos que non delimitan sistemas, pero son promovidos por dotaren de maior xenuinidade os produtos propios dunha comunidade. Nun sistema no que a historiografía e a historia literaria se alicerzaron retroalimentándose, no que a relación entre construcción da identidade e construción dun sistema literario propio é decisiva, faise máis nutricia esta revisión.

    • English

      Since Les cadres sociaux de la mémoire by Halbwachs, in 1925, postulated the social construction of Collective Memory, Social Sciences did not disregard the Memory Studies, either focusing on its normative nature or on its relation with History. Nowadays, Collective Memory is understood as a reconstruction or redefinition mechanism of the elements that exist or can be incorporated to the social imaginary by diferent interests. When we observe the Galician poetic production of the 90s (and not only), we can perceive the repetition of certain elements linked to History and the construction of national memory, such as references to the “Atlantis” or medieval imaginary, interdiscursivity and intertextuality with popular literature or “rewritings” of the Literary History. As we are conscious of the relation between these aspects and the production of national identities –and considering the Galician system as one if not emergent, at least one struggling for its definition and contrast–, we find relevant to question if certain choices made in poetic production constitued a “repertoire rule” in the 90s. This notion by Itamar Even-Zohar, reformulated by Torres Feijó (2004) refers to those elements that do not define systems, but are promoted by providing greater authenticity to one’s community own products. This analysis is even more useful in a system in which Historiography and Literary History feed back, in a system in which the connection between construction of identity and construction of a Literary System is crucial.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno