Santiago de Compostela, España
Este artigo afonda nas tarefas levadas a cabo por Carlos Casares como mediador (editor, tradutor e conferenciante, fundamentalmente) e escritor (un oficio que se ve mediatizado polas funcións anteriores) de literatura infantil durante o período 1986-2002. Aínda que se pensaba que as outras angueiras do intelectual total que era o afastaran deste campo literario, estas páxinas demostran como mantivo, tamén nesta etapa un interese e un traballo constantes a prol das letras para a infancia derivados, fundamentalmente, do seu labor como editor.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados