Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A urda do territorio e a trama da oralidade en Carlos Casares

    1. [1] Real Academia Galega
  • Localización: Boletín da Real Academia Galega, ISSN 1576-8767, Nº. 378, 2017 (Ejemplar dedicado a: Carlos Casares), págs. 163-174
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Este traballo aborda o modo en que a trama da oralidade se tece na urda do territorio na narrativa de Carlos Casares, e como o territorio é transformado a consecuencia do acto literario. A análise presta especial atención ás súas primeiras obras Cambio en tres e Xoguetes para un tempo prohibido. O traballo inspírase nos enfoques da xeocrítica que contemplan de forma dialéctica as relacións espazo – literatura – espazo. Discútense estas relacións dinámicas entre territorio e texto literario nas obras de Casares situadas nos espazos da infancia na Limia, Xinzo ou Beiro, e Ourense, e o modo en que a sobriedade do seu estilo reflicte a austeridade deses territorios, así como a súa influencia no autor limiao Antón Riveiro Coello. Analízase o discurso sobre as relacións entre territorio e literatura nos ensaios e textos xornalísticos de Casares, tanto reflexións sobre os espazos da súa infancia na Limia, como sobre estas relacións na literatura doutros autores, nomeadamente Otero Pedrayo. Argumentamos que unha das dimensións dese territorio da infancia de Casares é o discurso oral, os recursos e fontes da tradición oral galega e familiar.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno